Benvenidos ao proxecto GEM Galicia

Galicia participa, por terceiro ano consecutivo, no Proxecto internacional Global Entrepreneurship Monitor (GEM), coa elaboración do Informe Executivo Galicia 2007.

Este proxecto, xa consolidado no ámbito internacional, é unha ferramenta de análise que estuda e compara a actividade emprendedora de diferentes países, tendo en conta o contexto social, político e cultural, e a súa relación co desenvolvemento económico.

A metodoloxía empregada permite analizar aspectos diversos, como son: a dinámica emprendedora, o comportamento e perfil emprendedor, a motivación, a capacidade e existencia de oportunidades de emprendizaxe, as características da actividade emprendedora, as condicións do contorno, e os instrumentos de apoio e de financiamento.

Este informe, elemento visible do resultado da investigación realizada, xunto cos informes publicados os anos anteriores e os estudos levados a cabo polo equipo investigador para a edición do vindeiro ano, configuran un observatorio da actividade emprendedora, referente para todos aqueles que estudan e traballan na emprendizaxe.